Kirsty’s homepage

 

SPAIN’S WOMEN INTELLECTUALS, 1890-1920


Dr Kirsty Hooper, University of Liverpool

 

 

English version

Versión castelá

Por que este proxecto?

A erradicación da muller da narrativa cultural española dos comezos do século XX é un feito xa previsto en 1910 pola escritora Sofía Casanova, que se laiou da desaparición da muller da cultura española “como Atlántida que devoró el mar”. Non obstante, e como ben sabía Casanova, un gran número de mulleres da fin do século participaron plenamente nos debates sociais e culturais da súa época, aínda que os seus nomes queden ausentes dos espazos institucionais da cultura moderna española. O presente proxecto, “Intelectuais españolas, 1890-1920” xorde da convicción de que o que máis falla é unha visión elemental do campo. Por iso, o primeiro obxectivo do proxecto é facilitar o acceso aos (moitas veces escasos) datos biográficos e bibliográficos que temos sobre as mulleres desta época, centrándonos nunha base de datos electrónica que, de momento, inclúe os nomes dunhas 250 mulleres, algunhas xa coñecidas, pero a maioría completamente esquecidas.

 

 

 

http://pcwww.liv.ac.uk/~chomik/1concepciongimeno.jpghttp://pcwww.liv.ac.uk/~chomik/1rosarioacuna.jpghttp://pcwww.liv.ac.uk/~chomik/1filomenadato.jpghttp://pcwww.liv.ac.uk/~chomik/1patrociniodebiedma.jpghttp://pcwww.liv.ac.uk/~chomik/1sofiacasanova.jpghttp://pcwww.liv.ac.uk/~chomik/1blancadelosrios.jpghttp://pcwww.liv.ac.uk/~chomik/1gloriadelaprada.jpg

De esquerda a dereita: Gimeno, Acuña, Dato, Biedma, Casanova, de los Ríos, de la Prada

 

 

 

De que trata o proxecto?

Aínda que sabemos pouco delas, moitas mulleres españolas da fin do século lían, escribían, publicaban e comentaban temas de interese individual, social, local e nacional. Parece evidente que se queremos chegar a entender a cultura intelectual feminina na súa relación coa cultura intelectual tanto rexional como nacional, fai falta tomar en conta non só as escritoras académicas e literatas, senón tamén as autoras de textos devotos e autobiográficos, infantís e de conducto; xornalistas, tradutoras, pedagogas e as outras que contribuíron en distintas maneiras á formación da España moderna. A inmensidade de vidas e obras esquecidas que aparecen ás veces nos arquivos e catálogos, pero máis frecuentemente á marxe dos espazos institucionais da cultura dominante, revélanos unha cultura intelectual feminina que transcende os límites convencionais entre o público e o privado e que nos fai cuestionar as definicións consagradas de termos fundamentais como “literatura”, “calidade”, “influencia” e bo/a “escritor/a”.

 

 

Como  funciona?

A primeira fase do proxecto consiste en recoller datos biográficos e referencias bibliográficas, e en proporcionar ligazóns a xa existentes materiais primarios e secundarios. Non importa(n) a(s) lingua(s) en que están escritos: recollemos información sobre mulleres de todas partes de España (pode que haxa máis información, de momento, de mulleres galegas e asturianas). O contido das páxinas particulares de autoras depende dos recursos que temos á man, pero a lista crece día a día. Volvan axiña!

 

 

O obxectivo deste proxecto é facilitar o acceso a información bio-bibliográfica sobre intelectuais españolas da fin de século. Alegraríanos recibir comentarios e suxerencias de autoras, datos, traballos e ligazóns. Se queren saber máis, en canto sexa posible proveremos máis información: non dubiden en enviar un correo!

 

 

 

Índice de escritoras

Total: 310


 

Novas páxinas particulares

 

 

 


 

Enlaces

 

Escritoras.com

Biblioteca de mujeres

 

 



Agradezo a Montse Pena Presas a súa axuda coa corrección

Páxina actualizada por Kirsty Hooper 01/09/10